Piscina Municipal

A piscina municipal de Touro localízase na rúa Castelao.

Dende o concello chegamos a ela a través das rúas Isabel II, Bispo Diéguez Reboredo, collemos o desvío cara O Pino, e o chegar a Dona-Dana, pola rúa Castelao, collemos o desvío á esquerda que nos conduce tamén ó centro de Protección Civil, a Residencia da Terceira Idade e ás piscinas A piscina municipal inaugurouse no ano 1998, contando cá participación de D. Augusto César Lendoiro, presidente do R.C.Deportivo da Coruña, e púxose en funcionamento e a disposición dos usuarios o no verán dese mesmo ano.

DESCRICIÓN E CARACTERÍSTICAS:

A piscina conta cunha edificación en forma de L, cerrada en todo o seu perímetro, e adornada con árbores e céspede.

Desta edificación diferénciase a zona de vestiarios, divididos en dous, para homes e mulleres, e unha zona de cafetería e bar, onde se subministran bebidas, xelados, e demais alimentos e bebidas que se consumen nesta época.

Así mesmo, está acondicionada con duchas para antes do baño, zonas de desaugue para non esvarar, e conta cós servicios dun monitor e vixilante. Tamén dispón de outros elementos que favorecen ó disfrute destas instalacións, como son as táboas para os nenos, e a zona axardinada para poder tomar o sol.