A nova app de turismo de Touro pon ao alcance da nosa man o seu extraordinario patrimonio natural e cultural

● Nestes tempos incertos para o sector turístico, o concello fai unha forte aposta polasnovas tecnoloxías como xeito de garantir unha visita segura e á vez educativa.

● A app está dispoñible en seis idiomas e pode descargarse de xeito gratuíto endispositivos Android e iOS.

● O obxectivo é dar a coñecer o concello dun xeito didáctico, á vez que se presentaunha oferta personalizada para o/a visitante.

 

Touro, 9 de marzo de 2021,

Fomentar o coñecemento do concello de Touro á vez que se enriquece a experiencia dos seus visitantes, así se podería resumir o novo proxecto presentado polo concello coruñés. A nova app de turismo de Touro permitirá ao viaxeiro a posibilidade de configurar a súa visita en función dos seus intereses ou do tempo que vaia a pasar na zona.

O público obxectivo da app inclúe a viaxeiros internacionais, para os cales estará dispoñible en seis idiomas (galego, castelán, inglés, francés, alemán e portugués), moitos deles chegados a través do popular Camiño do Holandés ata Santiago. Non obstante, tamén se fai unha forte aposta polo turismo de proximidade, aportándolle un valor engadido aos habitantes da contorna para animalos a coñecer Touro.

A idea detrás do proxecto é ofrecer ao usuario unha experiencia intuitiva, pero non por iso menos didáctica. Destaca, neste sentido, as seccións de “Rutas” e “Que visitar”, nas que se realizou un traballo de catalogación dos diferentes recursos que se poden atopar no territorio. Dáselle así ao visitante a posibilidade de configurar a súa visita por zonas, grazas ao seu mapa interactivo ou por recursos. Cando naveguen pola aplicación poderán atopar información sobre os recursos naturais da zona, tales coma miradoiros, fervenzas ou rutas tan interesantes como o Camiño do Holandés ou a Ruta dos Tres Ríos (PR-G 121). Do patrimonio cultural destaca unha extensa recompilación na que atopar o Petroglifo de Pena Furada, cruceiros, hórreos, igrexas e pazos. Precisamente, este tipo de construcións tan vencelladas á cultura galega teñen en Touro un importante punto de interese, coma o Pazo de Andeade, o de Dioño ou o de Lobagueiras.

Outro aspecto de especial interese na nova app de Touro é a información sobre servizos e infraestruturas dispoñibles, grazas á que se pode planificar a viaxe, tanto con antelación como no acto. Isto inclúe aspectos moi relevantes como decidir onde comer ou durmir e instalacións municipais que poden ser de interese para o visitante como áreas recreativas,zona de servizos para autocaravanas e mapas.

A app foi financiada polo GDR Ulla Tambre Mandeo co programa Leader. 

A consultora tecnolóxica galega evelb foi a encargada do proxecto, no que se buscou en todo momento acadar un equilibrio entre deseño e usabilidade. O resultado é unha aplicación intuitiva, que inclúe toda a información de interese para que os turistas preparen a súa viaxe pero tamén que funcione como guía virtual durante a mesma.

 

Pode descargarla nos seguintes enlaces: