Dende os servizos sociais desenvolvemos os programas de información, orientación e asesoramento; de axuda no fogar e apoio familiar; de prevención da marxinación e de inserción social, de voluntariado e de atención a colectivos específicos.
Para máis información:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Teléfonos: 981 50 40 00 / 981 50 40 29
Horario:
De Luns a venres, de 9 a 14:30 horas
Aberto o prazo de solicitude do programa Turismo Social para maiores do IMSERSO 2019
Prazo de presentación: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2019.
Requisitos:
- Ser maior de 60 anos, ou de 55 e, neste caso, reunir a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social.
- Estar empadroado e residir nalgún concello de Galicia.
- Valerse por si mesmo.
- Non padecer alteración do comportamento nin enfermidades con risco de contaxio.
- Carecer de contraindicación médica para a recepción de tratamentos termais.
- Acadar, segundo o baremo, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
Máis información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981504029.