ANUNCIO PUBLICADO NO BOE Nº 72 O DÍA 22/03/2024 RELATIVO Á CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO DUNHA PRAZA DE PERSOAL FUNCIONARIO SUBESCALA AUXILIAR ADMINISTRATIVA A TRAVÉS DO PROCEDEMENTO DE OPOSICIÓN LIBRE

Anuncio publicado no BOE Nº 72 de data 22/marzo/2024, do extracto da convocatoria do proceso selectivo dunha praza de persoal funcionario da Administración xeral, grupo C, subgrupo C2, subescala auxiliar administrativa, identificado na relación de postos de traballo co número 01.01.00.04, con carácter definitivo a través do procedemento de oposición libre incluída na oferta de emprego público do ano 2021 (expediente 2024/E001/000002). O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20 días) naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.