SOCORRISMO ACUÁTICO

SOCORRISMO ACUÁTICO, PRAZO LÍMITE E CALENDARIO DE PROBAS FÍSICAS SOCORRISMO-SANTIAGO
 
 
Ao respecto das dúas accións formativas en socorrismo Acuático organizadas no marco do Plan de Emprego Local:
AFDP0209 SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS_ 420 HORAS (340 formación teórica e 80 formación práctica)
AFDP0109 SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS_ 370 HORAS (290 formación teórica e 80 formación práctica)

Comunicamos que o próximo martes día 14 de febreiro as 14 horas será a data límite para a recepción no correo electrónico pel.socorrismo.acuatico@dacoruña.gal dos 5 formularios de inscrición cos correspondentes certificados/informes médicos das persoas candidatas de cada concello para participar no proceso de selección.

Achégase calendario coa organización da 
data e hora por concellos da realización das probas físicas na Piscina da Ramallosa no concello de Teo.

Recordamos que a formación terá lugar nas instalacións da Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia (FESSGA) en A Coruña, rúa Gambrinus nº 151, nave 3, de luns a venres e a razón de 6 horas diarias en horario de tarde(15:30 a 21:30) e as prácticas profesionais non laborais a realizar en praias de concellos da provincia.