Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

_Fao (28 de febreiro) e Fonte Díaz (5 de marzo) completan a programación que tamén ten prevista unha ruta de sendeirismo polo Ulla o 4 de marzo

_Locais de hostelería do Concello de Touro ofrecen Menú de Entroido

Touro. 17 de febreiro de 2017. O próximo domingo, día 19 de febreriro, comenza o Entroido no Concello de Touro, unha das festas con máis tradición na Comarca do Ulla. O próximo domingo, día 19 de febreiro, a parroquia de Bama celebra o seu domingo de ‘corredor’, unha das celebracións do entroido que ten como protagonistas aos ‘xenerais da Ulla’, que lembran a batalla entre o xeneral amotinado Solís e o xeneral que capitaneaba as forzas leais á raiña Isabel II. Ás 10.30 horas está prevista a saída da parranda e ás 12.30 horas do próximo domingo 19 de febreiro concentraránse os xenerais diante do café-bar A Xesteira para a súa saída. As actuacións continuarán a partir das 16.30 horas no Campo da Festa de Bama. Haberá enfrontamentos ‘verbais’ entre os xenerais sobre a situación política en España e no resto do mundo e tamén a ‘parranda’ contará ás súas coplas. Ao remate haberá concurso de disfraces e Sabrosito será o encargado de pechar. Sortearase un magnífico potro.

O martes de entroido, día 28 de febreiro é o turno da parroquia de Fao. Alí celébrase o Entroido de Fao. Comenzará ás 16.00 horas no Campo da Festa coa Rumba da Susita. Contará a continuación co  discurso do ‘correo’ e dos ‘xenerais da Ulla’. Estos dous protagonistas abordarán en coplas a viva voz temas de actualidade política e do momento. Os ‘xenerais’ replicaránse e contrarreplicaránse ante os veciños e forasteiros que acudan ata o campo da festa de Fao. Tamén participará a ‘vellada coa súa troulada’. E non faltarán os ‘consellos dos frades’, que predicarán en verso as anécdotas acontecidas na parroquia de Fao. Tamén está previsto o tradicional enterro do entroido de Fao.

O Concello de Touro programou nas actividades do Entroido de Touro para o sábado 4 de marzo unha ruta de sendeirismo polo Ulla. A xornada rematarase cunha visita ó Centro de Interpretación do Río Ulla e con tapas de entroido no seguintes locais hosteleiros: Mesón Fonte Díaz, A Peneira, O Barranco, Nito, Os Chaos e Carpe Diem. Os veciños e visitantes tamén poderán disfrutar do menu do entroido nos seguintes establecementos: Casa Louzao (por encargo), Os Chaos (do 24 ao 28 de febreiro), Pazo de Andeade (do 25 de febreiro ao 5 de marzo previa reserva), Parrillada Remesquide (domingo 5 de marzo), O Castro (domingo 5 de marzo) e Casa Taboada (por encargo)

O domingo día 5 de marzo chegará o peche do entroido en Fonte Díaz. A capital do Concello de Touro, será o escenario principal do entroido na comarca do Ulla. E os ‘xenerais da Ulla’ das parroquias de Bama e Fao serán os encargados de darlle colorido e emoción á ‘Feira do día 5’, tamén denominada ‘Feira do Entroido’. Os xinetes, cos seus cabalos e os seus uniformes napoleónicos, participarán nunha xuntanza ás 11.50 horas diante da sede do Concello de Touro. Lucirán as súas mellores galas e percorrerán as rúas da capital de Touro a partir das 12.00 horas. Os xenerais estarán acompanhados do personaxes máis característicos do entroido. Tamén está previsto um espectáculo musical e de Títeres Cachirulo coas xeneralas da Ulla. Os visitantes e veciños poderán degustar produtos típicos do entroido nos locais de hostelería de Fonte Díaz e tamén nun stand situado diante da sede do Concello, entre as 13.00 e as 14.30 horas. O Concello de Touro anima a veciños e visitantes a difrazarse e a disfrutar do Entroido 2017.

 TOURO PROGRAMACIÓN ENTROIDO 2017

-Domingo 19 de febreriro. BAMA. 16.30 horas. Entroido de Bama. Campo da Festa.

-Martes 28 de febreiro. FAO. 16.00 horas. Martes de Entroido. Entroido de Fao. Campo da Festa.

-Sábado 4 de marzo. Sendeirismo polo Ulla ás 10.30 horas.

-Domingo 5 de marzo. FONTE DÍAZ. 11.50 horas. Fonte Díaz. Feira do Entroido. Desfile dos ‘Xenerais da Ulla’ e dos diferentes personaxes do Entroido.

 

 Pode atopar información na seguinte web:

 

www.xeneraisdaulla.com

www.concellodetouro.com