Os afeccionados aos cogumelos identifican ata 70 variedades nos roteiros organizados este fin de semana nas XII Xornadas Micolóxicas de Touro

Touro. 7 de novembro de 2016. 

Os afeccionados aos cogumelos que participaron este fin de semana nas XII Xornadas Micolóxicas de Touro, enmarcadas na VIII Feira da Castaña, poideron identificar arredor dunhas 70 variedades diferentes de cogumelos nas súas saídas ao bosque. As xornadas de micoloxía comenzaron o pasado venres cunha charla do experto Xaime Blanco Dios no Centro de Interpretación do río Ulla. O sábado houbo un roteiro  guiado por Xaime Blanco que serviu para recoller, clasificar e expoñer os cogumelos. Os afeccionados poideron seleccionar e clasificar todo tipo de cogumelos apañados nos montes de Touro. A xornada foi moi didáctica, según os asistentes. E onte domingo, día 6 de novembro, tamén houbo  outra saída ao bosque a partir das 10.30 horas. Neste caso o experto Martín Souto, biólogo e micólogo da Universidade de Santiago de Compostela, foi quen levaou a batuta. O experto axudou aos afeccionados a identificar os cogumelos con explicacións didácticas antes da saída e tamén sobre o terreo. O mércores día 9 de novembro está organizada unha xornada micolóxica na que participarán os alumnos do Colexio Público Fonte Díaz de Touro.