Os Reis Magos reparten agasallos e visitan o Belén Vivinte de Touro

Melchor, Gaspar e Baltasar terán esta noite a dura tarefa de repartir xoguetes a todos os nenos e nenas do Concello de Touro

TOURO. 5 de xaneiro de 2017. Os máis pequenos de Touro recibiron un ano máis a Súas Maxestades os Reis de Oriente, que esta tarde chegaron na súa carroza ao Concello de Touro. Os Reis Magos repartiron agasallos e ilusión entre todos os veciños e veciñas. Durante a mañán percorreron na súa carroza as 19 parroquias de Touro. Xa a primeira hora da tarde Melchor, Gastar e Baltasar chegaron ao Pavillón Municipal de Deportes, onde está instalado o Belén Vivinte. Alí repartiron xoguetes a todos os nenos e nenas. Os xóvenes e maiores disfrutaron dunha tarde máxica. As gradas do Pavillón Municipal de Deportes de Touro estaban cheas para recibir as Súas Maxestades. A Banda de Música Isabel II de Touro tamén participou no festival de Reis coa súa música.

O Belén Vivinte, como xa é tradicional, contou coa participación activa dos nenos e nenas de Touro. Contou, como todos os anos, con todos os detalles: Portal de Belén co Neno Xesús, María e San Xosé; o río e a súa ponte, o Castelo, o Deserto, os pastores, as ovellas, os postos do mercado… A primeira hora da tarde comenzou a animación en Touro. Os Reis Magos percorreron as rúas de Fonte Díaz arredor das 16.30 horas, acompañados da Banda de Música Isabel II de Touro. No percorrido luciu un maravilloso sol. Mentras tanto, diversas animacións, incluidos os villancicos dos máis pequenos, entretiñan aos nenos e nenas que esperaban no Pavillón Municipal de Deportes. As Súas Maxestades chegaron a eso das cinco da tarde ao Belén Viviente, onde visitaron ao Neno Xesús, á Virxe María e máis San Xosé. Fixéronlles unha ofrenda e logo situáronse nos seus tronos para escoitar a homenaxe da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou varios temas.

Os nenos e nenas de Touro foron pasando un a un a saudar a Melchor, Gaspar e Baltasar. Éstos fixéronlles entrega dun agasallo e tamén aproveitaron a ocasión para recoller as cartas que ainda non lles mandaran. Despois houbo chocolate e churros para todos, para grandes e pequenos. A última hora da tarde os Reis Magos retiráronse, xa que esta noite teñen a dura tarefa de repartir agasallos a nenos e tamén a os maiores do Concello de Touro.