Pasen e vexan! Pasen e escoiten!

Pasen e vexan! Pasen e escoiten!….O mércores 29 de marzo na Casa da Cultura de Touro ás 17:30h., achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos-canción….!! presten atención e cando conte contos conten cantos contos conta!!

Convidámoste a celebrar o día do teatro con este fabuloso contacontos, non faltes!