O 12 DE NOVEMBRO TOCA CINE EN TOURO: PROXECTARASE 'GISAKU

O 12 DE NOVEMBRO TOCA CINE EN TOURO

Proxectarase a película 'Gisaku' ás 18:00 horas no pavillón municipal


'Gisaku' é a historia dunha loita entre o ben e o mal, na que un grupo de personaxes moi opostos deberán traballar en equipo para impedir a Gorkan, o Señor das Tebras, que cumpran o seu obxectivo: invadir o mundo coas súas hordas demoníacas. No transcurso da súa misión Riki, Gisaku, Yohei, Linceto e Moira veranse obrigados a vencer os seus conflitos internos e superar numerosas dificultades.