AXUDAS A FAMILIAS VULNERABLES PARA GASTOS DE ELECTRICIDADE

AXUDAS A FAMILIAS VULNERABLES PARA GASTOS DE ELECTRICIDADE

O Concello de Touro destina 30.000 euros do Plan Social da Deputación para axudar nos pagos de electricidade a familias vulnerables.

Requisitos económicos dos fogares beneficiarios (que cumpran algún destes requisitos):

  • Pensionistas que perciban a contía mínima vixente.
  • Os beneficiarios do ingreso mínimo vital.
  • Os beneficiarios da RISGA.
  • Persoas en risco de exclusión social que carezan de medios económicos suficientes.
  • Fogares con ingreso máximo anual de:

- 1 membro adulto: menos de 16.212 euros

- 2 membros adultos: menos de 20.265 euros

- 3 membros adultos: menos de 24.318 euros

(por cada membro menor de idade increméntase o ingreso en 6.079 euros)

Contía da axuda:

            Ata 150 euros por beneficiaria.

Prazo de solicitude:

            Desde o 15 ata o 30 de novembro.

MÁIS INFORMACIÓN no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Touro

tel. 981504029