A Xunta destinará oito millóns este ano a bonificar a compra das 545 parcelas dispoñibles nos seus parques empresariais

A Xunta manterá este ano a súa política de incentivos para facilitar ás empresas o acceso a solo industrial nos parques que xestiona. A empresa pública Xestur e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sacarán a venda este mes de febreiro a totalidade dos terreos que teñen dispoñibles nos seus polígonos industriais, concretamente en Touro 4 parcelas.
As empresas interesadas en asentarse en Touro ou ben en ampliar as súas actuais instalacións poderán acceder a este solo cunha bonificación sobre o prezo de venda do 30%.
Attachments:
Download this file (PARQUES.pdf)PARQUES.pdf[ ]676 kB