A tarde-noite do 31 de outubro: Festa do Samaín

Quentamos motores có obradoiro de traxes nas tardes dos mércores do mes de outubro para chegado o día festexar como se merece a noite de SAMAÍN. Unha tarde-noite na que nada será o que parece. Bruxas, demos, trasnos, mortos viventes e demais seres, pasearanse e gozarán dunha terrorífica xornada con xogos, conta contos, música…

Prepárate para a noite máis meiga e feiticeira de Touro e participa no gran desfile quitamedos polas rúas do concello. Sexa quen sexas, home ou muller, grandes e pequenos, deste mundo ou do outro, participa con nós desta queimada (despois da chocolatada).