Un grupo de camiñantes vén ata Touro facer marcha nórdica

A mañá do pasado sábado 12 de novembro, Touro recibiu a visita dun grupo de camiñantes procedentes da Coruña. A súa intención era percorrer a variante circular da Ruta da Ribeira do Ulla (PR-G 93), que comeza e remata na Ponte Basebe. Este grupo de valentes completou o roteiro a pesar da choiva, que os acompañou durante todo o traxecto, e fixérono practicando marcha nórdica. 
 
A marcha nórdica é unha actividade física apta para persoas de calquer idade e condición física, que ofrece moitos beneficios. Algúns deles son: axudar a mellorar a postura, reducir a carga nas articulacións ó camiñar, paliar doenzas debidas á vida sedentaria (dores de pescozo, de espalda, cadeiras, xeonllos, etc.), entrenar o corpo en profundidade e dun xeito saudable, ...
 
Esta disciplina ten como rasgo distintivo o uso de bastóns no camiñar. Ditos bastóns son especiais para esta práctica deportiva, e van suxeitos á man por unha cinta, que permite abrir e pechar a man, activando así a circulación e a musculatura manual. Os bastóns non só cumplen a función de apoio e equilibro (como ocorre no sendeirismo), senón que tamén se utilizan para impulsar en cada paso, co cal se traballan os músculos do tronco e dos brazos. Gracias a isto, a marcha nórdica constitúe un exercicio completo e de baixo impacto, perfecto para manter un estilo de vida activo e saudable a calquer idade e dun xeito sinxelo.
 
(Máis información en http://www.saludymovimiento.es/ )