Centro de Interpretación do Río Ulla

Na procura da posta en valor do territorio que percorre o gran río Ulla, o segundo de importancia de Galicia en canto a superficie de conca se refire, o Centro de Interpretación Río Ulla, trata de dar visibilidade ao rico patrimonio natural, arquitectónico, histórico… desta privilexiada zona.

Tendo sempre como referencia o programa que vén desenvolvendo durante estes últimos anos, denominado Goza do Ulla, no que participan vinte municipios das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, preténdese revelar os seus aspectos máis característicos como a flora, fauna, etnografía, etc., en cada unha das súas rutas.

Con actividades tan diversas como poden ser os talleres sobre o coñecemento do territorio, as rutas botánicas ou as recreacións históricas, búscase dar unha resposta ad hoc a cada visitante.

 

INSTALACIÓNS 

Dirección: Casa da Cultura. Av. Castelao, Nº 50; Fonte Díaz, 15822-Touro

Latitude: 42º 52´15,7980´´   Lonxitude: 08º 18´46.056´´W

Teléfonos:  981 50 40 29 / 981 81 45 66

Emails: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

 

CIRU

 

HORARIO

Previo aviso

 

RECURSOS

Audiovisuais, maquetas de elementos etnográficos, exposición de materiais xeolóxicos e botánicos, mostras tradicionais de entroido, artes de pesca, paneis informativos da flora e fauna do territorio, sendeirismo, sen esquecernos do ámbito literario, sobre escritores nados na zona ou que escribiron sobre ela.

 

ACTIVIDADES

Para unha mellor interpretación do patrimonio da contorna do río Ulla, desde o seu nacemento ata a súa desembocadura, ademais do material exposto nas súas instalacións organízanse outro tipo de actividades:

  • Rutas botánicas polas sendas do Ulla.

  • Talleres de coñecemento do territorio.

  • Recoñecemento de cogomelos.

 

Carta de petición de colaboración para os veciños: Descargar aquí

 

Deputación A Coruña