BASES E CONVOCATORIA DO PROCESO DE SELECCIÓN MEDIANTE CONCURSO-OPOSICIÓN DUN (1) PALISTA PARA O MANTE MENTO DE ACCESOS, DA INFRAESTRUTURA VIARIA E TRABALLOS RELACIONADOS COA UTILIDADE COLECTIVA

EXPEDIENTE 2023/E001/000009. Bases e convocatoria do proceso de selección mediante concurso-oposición dun (1) palista para o mantemento de accesos, da infraestrutura viaria e traballos relacionados coa utilidade colectiva.

Contratación dun condutor palista baixo a modalidade de contrato de traballo temporal de duración determinada por circunstancias da produción, consistente na realización de tarefas propias de palista, a xornada completa, para a execución de diferentes traballos e servizos de mantemento das vías e espazos públicos, durante un período de tres (3) meses no concello de Touro.

O prazo para a presentación de instancias será de CINCO (5) DÍAS HÁBILES, contados dende o día seguinte da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial da Provincia. 

Attachments:
Download this file (ANEXO I.pdf)ANEXO I.pdf[ ]45 kB
Download this file (ANEXO II.pdf)ANEXO II.pdf[ ]38 kB
Download this file (ANUNCIO BOP 13.11.2023.pdf)ANUNCIO BOP 13.11.2023.pdf[ ]96 kB