Recordámosvos que mañá será un día de moitos contos na Casa de Cultura de Touro.

Recordámosvos que mañá será un día de moitos contos na Casa de Cultura de Touro. Achegádevos ás 17:30 h. e disfrutaredes do Contiario!!

 

Pasen e vexan! Pasen e escoiten!….O mércores 29 de marzo na Casa da Cultura de Touro ás 17:30h., achéguense aos contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! No contiario collen todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos de nunca rematar, fábulas, cantares de cego, contos minúsculos, adiviñas, contos-canción….!! presten atención e cando conte contos conten cantos contos conta!!

Convidámoste a celebrar o día do teatro con este fabuloso contacontos, non faltes!