Touro acolle o próximo domingo, 2 de abril, a primeira proba da II Challenge CCAGC 2017 denominada II Trofeo de Ciclismo Concello de Touro-Camiño do Holandés e que pretende poñer en valor a ruta que utilizan ciclistas que fan o Camiño de Santiago

Fonte Díaz. 29/03/2017. O Concello de Touro acolle o próximo domingo, día 2 de abril, a primera proba da II Challenge CCAGC 2017. A proba é o II Trofeo de Ciclismo Concello de Touro-Camiño do Holandés e disputarase a partir das 10.30 horas nun percorrido “duro pero bonito”, según indican os organizadores. O Concello de Touro pretende tamén poñer en valor esta ruta alternativa utilizada por moitos ciclistas que fan o Camiño de Santiago ata Compostela. O II Challenge CCAGC, aberto para categorías Máster 30, 40, 50 e 60, completarase con outras dúas probas: A Estrada, o día 30 de abril; e o 7 de maio no Pino.

A proba do próximo domingo transcurre íntegramente polo Concello de Touro e por unha parte do Camiño de Santiago transitada por peregrinos en bicicleta, en boa parte procedentes de Holanda e do centro e Norte de Europa, chamada ‘Camiño do holandés’. Esta etapa constará de dúas voltas, unha máis grande e outra máis pequena. Será un circuito de 67,40 quilómetros. É o mesmo traxecto que a proba do pasado ano. “É unha clásica proba de inverno polas datas, polas paraxes e pola orografías”, según indican os organizadores, que lembran que “é imposible atopar máis de 1,5 kilómestros llanos”. “Estará marcada polos sube e baixa da zona, con repeitos e desniveis importantes que poden chegar en algún momento ata o 13%”. O CCAGC asegura que “é unha etapa para os amantes do ciclismo puro e clásico”.

O Concello de Touro destaca que coa proba ciclista do próximo domingo quere dar visibilidade á ‘Ruta do Holandés’, que se converteu nunha das vías favoritas para os peregrinos que deciden facer o Camiño Francés de Santiago en bicicleta. A baixa afluencia de caminantes e de tráfico e as súas paraxes convírtenna nunha alternativa cómoda e tranquila para os cicloturistas holandeses e do norte e centro de Europa.

O II Trofeo de Ciclismo Concello de Touro Camiño de Holandés dispútase o domingo a partir das 10.30 horas. A saída e a chegada estarán en Fonte Díaz, capital do Concello. Bao parte da proba percorrerá a AC-240, pola que discurre a 'Ruta do Holandés'. Está previsto que a proba remate entre as 12.30 e as 13.00 horas. Ao final de proba do domingo haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.