Anuncio bases e convocatoria do proceso de selección por concurso-oposición de dous tractoristas encargados/as do manexo e actuación do tractor desbrozadora, para realizar traballos de prevención de incendios forestais

EXPEDIENTE 2023/E001/000004. Bases e convocatoria do proceso de selección mediante concurso-oposición de dous (2) tractoristas encargados/as do manexo e actuación do tractor desbrozadora.ao abeiro do convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Rural e o concello de Touro para prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2023, 

 A convocatoria ten por obxecto a selección para a provisión en réxime de laboral temporal de duración determinada por circunstancias da produción para a contratación de 2 tractoristas durante un prazo temporal de 6 meses para realizar traballos de prevención de incendios forestais

Período da contratación: 6 meses a contar dende a data de inicio do contrato

O prazo para a presentación de instancias será de CINCO  DÍAS HABILES contados dende a publicación do anuncio no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Touro