Obradoiro Benquererse

Co motivo do día da muller, dende os Servizos Sociais do Concello de Touro queremos promover unha actividade na cal poñer en valor o autocoidado a través das emocións. Para facelo realidade e avanzar neste camiño de cara a igualdade, o día 6 de marzo realizaremos um obradoiro que ten como finalidade traballar con e para a persoa, focalizando a atención nos eidos da afectividade, a emoción, a autoestima e o empoderamento con perspectiva de xénero. Consideramos de especial interese, visibilizar a necesidade de coidarnos e poñernos en valor sentindo, xestionando os tempos e compartindo. Esta acción desenvolverase na casa do Concello, a partir das 11:00h., nun obradoiro sensitivo realizado por unha empresa chamada Anacos de proxectos socioeducativos que dinamizará un encontro onde compartir tanto.