Xornada de caiac polo Ulla o sábado 11 de xullo
Prezo público: - Maiores de idade 10,00 € - Menores de idade 5,00 € Establecese a seguinte orde de preferencia para o acceso á actividade “CAIAC NO ULLA” o día 11 de xullo de 2026: 1. Persoas empadroadas no Concello de Touro. ( ata o venres 26 de xuño) 2. Familiares (ascendentes e descendentes) de persoas empadroadas no Concello de Touro ( a partir do 27 xuño) 3. Persoas non empadroadas no Concello de Touro ( a partir do 4 de xullo) Condicións para a participar na actividade: - Os menores entre 13 e 17 anos poderán realizar a actividade sen acompoñamento dunha persoa maior responsable, sendo necesaria a autorización previa asinada por ambos proxenitores. - Os menores de 13 anos para realizar a actividade teñen que ser acompañados por unha persoa adulta responsable.
