O Concello de Touro acolle dúas exposicións itinerantes sobre a violencia de xénero

O Concello de Touro alberga dúas exposicións itinerantes cuxa temática é a violencia de xénéro. Una de ellas son 30 ilustración sobre “ADOLESCENCIA ANTE A VIOLENCIA MACHISTA”, e a outra, son 60 debuxos da colección “CRECER CON MEDO: NENAS E NENOS ANTE A VIOLENCIA DE XÉNERO”.

Estas mostras están aberta ao público no concello de Touro desde hoxe 25 de setembro ata o 4 de outubro, en horario de mañá. Haberá duas visitas guiadas. A primeira, en quenda de tarde, o mércores 2, de 17:00 a 18:00 horas e en quenda de mañá, o xoves 3 de 12:00 a 13:00 horas.

E por outra banda, tamén na Casa da Cultura de Touro se poderá ver a exposición itinerante de debuxos Crecer con medo: nenas e nenos ante a violencia de xénero.

A exposición sobre a adolescencia, trátase de 30 reproducións de ilustracións baseadas nas vivencias e percepcións de adolescentes sobre a violencia machista, representados por cinco ilustradoras, a partir do estudo feito no informe “Vivencias, actitudes e percepcións sobre a violencia de xénero en adolescentes da Comunidade de Madrid”, no marco do proxecto “10 EN IGUALDADE”, realizado pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres (CIMTM).

A exposición da infancia, son reproduccións de debuxos realizados por menores vítimas de violencia de xénero recompilados pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres e enmarcados no convenio subscribido coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Estará aberta ao público a metade deles, nas datas e horarios da anterior exposición. O resto de cadros da colección, están expostos no CPI Fonte Díaz.