A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública a solicitude de autorización de verquidos procedentes da mina de Touro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública a solicitude de autorización de verquidos procedentes da mina de Touro incluída no expediente DH.V15.89848.

Nun prazo de 30 días, contados dende o pasado día 6 de outubro, os interesados poderán presentar as súas achegas ante Augas de Galicia.

No seguinte enlace ao DOG pode ampliarse a información deste anuncio:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20231005/AnuncioO143-250923-0001_gl.html