Os visitantes degustaron castañas asadas, xabarín e postres elaborados con productos do outono
Díaz, capital do Concello de Touro. A IX Feira da Castaña tivo o seu máximo exponente no magosto organizado polo Concello para todos os que quixeran degustar castañas asadas. Comenzou ás 12.30 horas. Durante a Feira non choveu e moitos veciños e forasterios achegáronse ata a carpa instalada diante da sede do Concello. Alí poideron tamén degustar outros productos típicos do outono. A Banda de Música Isabel II de Touro amenizou o magosto e tamén percorreu as rúas de Fonte Díaz, cheas de xente. Os establecementos de hostelería de Touro encargáronse das elaboracións “máis saborosas da gastronomía do Concello”. A base das receitas foron as castañas, os cogumelos e o xabarín. O Concello contou coa colaboración dos membros da Sociedade de Caza de Touro e da Carnicería Pepe para preparar racións de xabarín e entregalas aos locais de hostelería para que as cociñasen. O locais de hostelería Taboada, Louzao, Remesquide, O Castro e Pazo de Andeade encargáronse de cociñalo. O pan para o xabarín aportáronno a panadería de Andeade e A Peneira. Os postres foron xentileza de Queixería Bama, Iogurt Gurgur, Rosquillas Teresa e Rosquillas de Bama. As racións foron servidas aos visitantes na carpa instalada diante do Concello de Touro coa colaboración de voluntarios do Concello. Todos chuparon os dedos do bon que estaba elaborado o xabarín. E os postres foron un éxito.
No Concello, durante a mañán, o alcalde de Touro, Ignacio Codesido, fixo entrega dos premios aos gañadores do I Concurso Plástico Dona Castaña e ao establecemento gañador que participou una II Ruta da Tapa de Outono, que se celebrou durante os pasados días 31 de outubro e 1 de novembro.
Xa pola tarde representouse Martes, un espectáculo para público familiar de Baobabteatro. Foi na Casa da Cutlura. Asisiteron nenos. Tamén acudiron adultos dispostos a disfrutar como nenos. Foron 45 minutos de fantasía, diversión e tenrura.