TOURO. 13 de agosto de 2017.O Concello de Touro reuniu hoxe domingo, 13 de agosto de 2017, en Fonte Díaz, capital do Concello e parroquia de Touro, aos seus maiores para darlles a xa tradicional homenaxe de cada ano. Ao XXV Encontro da Terceira Idade de Touro acudiron máis de 700 veciños e veciñas de máis de 60 anos. Hoxe reuníronse máis do 20% dos habitantes de todo o Concello de Touro para xantar xuntos. Foron as bodas de prata da Festa dos Maiores de Touro. O xantar celebrouse na zona de servizos de Fonte Díaz, onte están ubicadas a nova Casa da Cultura, o novo PAI, a piscina, a área de autocaravanas e a residencia de maiores. Nesta área foi onde se instalou a carpa que acolleu hoxe aos maiores que ata alí se achegaron.
Acudiron máis de 700 maiores das 19 parroquias que conforman a Concello de Touro. Os dous veciños con máis anos, muller e home, recibiron un recoñecemento de más do alcalde de Touro, Ignacio Codesido. E foron Obdulia Seijo Méndez, natural de Loxo e nacida no ano 1919. Conta, polo tanto, con 98 años. E José Codesido, da parroquia de Touro e nacido no ano 1925. Este veciño xa ten 92 anos cumplidos en marzo.
O inicio da XXV Festa da Terceira Idade estivo a cargo da Banda de Música Isabel II de Touro, que interpretou vários temas para os presentes. A contnuación, os asistentes participaron nunha misa campestre, que finalizou arredor das 14.00 horas. Trala misa comenzou o xantar. O comedor para máis de 700 persoas instalouse na área de lecer baixo dúas grandes carpas. Ninguén quedou sen lugar para xantar. O menú estaba composto de empanada, polbo á feira, carne ao caldeiro con patacas e sobremesas (queixo con marmelo e xeado). Os maiores de Touro tamén poideron disfrutar da música. A festa estivo amenizada, ao remate do xantar, polo dúo 'Eva e Camilo'. A celebración, que pretende ocupar o tempo libre dos maiores, rematou ben avanzada a tarde.