OS NOSOS REFERENTES FEMININOS NA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL E AS CIENCIAS" PROGRAMACIÓN DAS ACTIVIDADES PARA A IGUALDADE DE XÉNERO NA AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DE TOURO
Con motivo da próxima celebración de varios días de relevancia internacional en áreas como a educación medioambiental, as mulleres e nenas na ciencia, e das mulleres, como artífices da historia e a súa loita por alcanzar unha sociedade en pé de igualdade cos homes, programáronse unha serie de actividades de contacontos na Biblioteca Pública Municipal e unha mostra bibliográfica de mulleres referentes en todas as áreas do coñecemento, entre febreiro e marzo de 2025.