MODELOS DE ALEGACIÓNS AO ACORDO DO 14/11/2024, POLO QUE SE SOMETE A INFORMACIÓN PÚBLICA O PROXECTO COBRE SAN RAFAEL

Con data de 22 de novembro de 2024 publicouse no DIARIO OFICIAL DE GALICIA, anuncio do Acordo do 14 de novembro de 2024 do Departamento Territorial da Coruña polo que se somete a información pública o proxecto Cobre San Rafael, nos concellos de Touro, O Pino e Arzúa (A Coruña) e Vila de Cruces (Pontevedra) promovido pola sociedade Cobre San Rafael SL, e emenda de acceso á documentación (DOG 17-12-2024) e ábrese un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente emenda no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se somete a información pública.

A tal efecto o Concello ten a disposición da veciñanza modelos de ALEGACIÓNS ao Proxecto Cobre San Rafael, en proceso de información pública, nas dependencias da casa do concello e na web.