Itinerarios de empoderamento de mulleres para a inserción social e laboral impartido por Fundación Mujeres. É totalmente gratuíto
11 días de formación presencial relacionadas coa procura de emprego, coa seguinte temática:
• Habilidades sociais
• Condicións laborais
• Competencias profesionais
• Obxectivo profesional e autoemprego
• Habilidades sociolaborais no mercado de traballo e a súa procura
• Uso de computador para procura e estratexias de emprego
• Titorías personalizadas de orientación laboral
Duración: do 09/10/2024 ao 20/11/2024 (mércores e venres)
Horario: 10.00 a 13.00
Lugar: Axencia de Lectura Municipal de Touro “Xosé Neira Vilas”. Isabel II, 26, Fonte Díaz, Touro.
Período de inscrición: Do 20/09/2024 ao 04/10/2024
Información e inscrición: Concello de Touro, teléfono 981-504029 ext. 2010, ou por correo electrónico: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Requisitos:
• Mulleres españolas desempregadas ou que estean en mellora de emprego
• Mujeres migrantes con permiso de traballo
O programa inclúe intermediación laboral, prácticas en empresas, se así o demandan as participantes, e cóntase con bolsa de emprego para facilitar a inserción.
Por outra banda, o programa tamén inclúe unha plataforma de formación online, que conta con préstamos de tableta.
As áreas son as seguintes: Manipulación de alimentos; Microsoft 365 básico; Contabilidade; limpeza industrial e hospitalaria; dependenta de comercio, Excel avanzado, etc.
NON PERDAS ESTA OPORTUNIDADE, APÚNTATE XA!!!