EXPOSICIÓN ITINERANTE “ADOLESCENCIA ANTE A VIOLENCIA MACHISTA”.
30 reproducións de ilustracións baseados nas vivencias e percepcións de adolescentes sobre a violencia machista, representados por cinco ilustradoras. Os testemuños foron recollidos no informe “Vivencias, actitudes e percepcións sobre a violencia de xénero en adolescentes da Comunidad de Madrid”, no marco do proxecto “10 EN IGUALDADE” que realizado pola Comisión para a Investigación de Malos Tratos a Mujeres (CIMTM).
Esta exposición estará no noso Concello de Touro durante mes de setembro. A súa primeira parada, é o CPI Fonte Díaz, onde se atopa actualmente. Unha vez inicie o curso escolar, acordarase co profesorado un obradoiro específico para Educación Secundaria. Posteriormente, anunciarase o resto de sitios nos que abrirá para exposición pública en xeral.