O Concello de TOURO vai levar a cabo o proxecto denominado: “MELLORA DE VIARIO DE MILLARES A SAR E OUTRO”, dentro do Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.