O alcalde de Touro pídelle ao presidente da Deputación investimentos para mellorar a seguridade vial no Concello (2)

González Formoso visitou hoxe o Concello de Touro e o alcalde solicítalle melloras nas vías DP-0605 e DP6603 ao seu paso polos núcleos de poboación para eliminar os puntos de máis risco para a poboación

Fonte Díaz. 20/10/2016.
O alcalde de Touro, Ignacio Codesido, aproveitou a visita do presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para solicitarlle investimentos que eliminen diversos puntos perigosos nas estradas da Deputación que percorren o Concello de Touro.  Ignacio Codesido insistiu na mellora de diversos tramos das estradas DP-0605 e da DP-6603 ao seu paso polos núcleos de poboación para lograr una maior seguridade vial. O presidente da Deputación, que por primera vez visitou Touro, tomou nota das demandas do Concello e prometeu actuar.
 
Ás 13.30 horas de hoxe achegouse o presidente da Deputación da Coruña á sede do Concello de Touro. Alí esperábano o alcalde acompañado de toda a Corporación Municipal. Ignacio Codesido mostroulle as dependencias do Concello e presentoulle aos traballadores. Posteriormente, no Salón de Plenos, entregoulle uns agasallos e publicacións relacionadas co Concello de Touro. No seu discurso, o alcalde mostrouse partidario das Deputacións Provinciais porque “apoian as iniciativas e proxectos dos concellos pequenos”. “E queremos que nos sigan axudando “.
 
González Formoso, que agradeceu o recibimiento no Concello de Touro, tamén destacou a importancia das Deputacións para os concellos de menos de 20.000 habitantes. “Os apoios das Deputacións significan a supervivencia investidora para moitos concellos”, engadiu o presidente, quen destacou os plans en marcha da institución que preside. Falou do Plan de Acción Social, que sustitue oa antigo Plan DTC. “Gracias a criterios máis equitativos, o Concello de Touro pasou de recibir 170.000 euros a un total de 370.000 euros”. Estos investimentos adícanse a mellorar a movilidade da poboación. “Os investimentos das Deputacións son imprescindibeis”, destacou González Formoso.
 

 

Tras a visita á sede ao Concello, o alcade e o presidente da Deputación visitaron sobre o terreo a DP-0605, que percorre o Concello de Touro. Nesa estrada pararon na ponte de Andeade. “Solicitámoslle a ampliación da ponte para facilitar o tránsito de vehículos”, destacou Ignacio Codesido.  Codesido Barreiro e González Formoso percorreron a estrada dende un extremo ata o outro. O alcalde solicitou actuación nos núcleos de poboación que atravesan esta vía nas parroquias de Turces, Calvos, Andeade e Quión. Nesta última parroquia solicitou investimento para rematar a sande peonil que vai dende A Toxa ata a igrexa. O alcalde tamén destacou a necesidade de facer investimentos na estrada DP-6603 so seu paso por Bama. “Neste punto é necesario arranxar as beirarrúas e rematar unha senda peonil”. O alcalde de Touro insistiu na “mellora da seguridade vial” no Concello, demanda que tivo acollida por parte do presidente da Deputación da Coruña.