O deputado nacionalista Xosé Regueira asinou o día 8 de abril un convenio co alcalde do Concello de Touro, Ignacio Codesido Barreiro e o obxecto do acordo é o financiamento da obra de reposición de tubaxe de abastecemento en Andeade, Cornado, Touro e outros. A Deputación achega con este fin 89.600 € dun total do orzamento de 112.000 €.
Máis información: https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=688