A actuación adxudicouse por preto de 50.000 euros e comezará a executarse nas vindeiras semanas
Habilitaranse tres tramos de senda na marxe esquerda da AC-240 ao paso por Fonte Díaz e por Prevediños, que sumarán 400 metros lineais de novos itinerarios
Está previsto levar a cabo actuacións de drenaxe nos treitos de Prevediños, mediante a construción dunha canalización con tubaxe
O obxectivo é favorecer a mobilidade dos veciños en condicións máis seguras e sostibles