TOURO ACOLLEU A ASEMBLEA DE ASEMGAL

A Asociación de Empresas Galegas de Alugueiro de Autocaravanas (Asemgal), presidida por Elías Rozas, celebrou (22/03/2023), na Casa da Cultura do Concello de Touro, a súa asemblea xeral. As firmas participantes, que foron recibidas polo alcalde de Touro, Ignacio Codesido, desprazaron ata a vila distintos tipos de vehículos das súas frotas. 

A asembela tratou as principais liñas de traballo a curto, medio e longo prazo co obxectivo de manter unha oferta de calidade e mellorar os servizos que prestan as empresas que forman parte da asociación, ademais do orzamento e do plan de acción para 2023. 

O aluguer de autocaravanas en Galicia supera as 2.000 prazas turísticas, grazas a unha frota de máis de 500 vehículos dos que dispón o sector na nosa Comunidade. A ocupación media por tempada acada os 100 días por unidade, o que representa un volume de facturación de máis de 10 millóns de euros no conxunto das empresas.