TOURO PRESENTE NA FEIRA ABANCA SEMANA VERDE DE SILLEDA
O Concello de Touro promociona os seus atractivos turísticos na Feira Abanca Semana Verde de Silleda, un dos grandes escaparates do turismo, a gastronomía e o desenvolvemento rural de Galicia que se celebra do 4 ao 7 de xuño. Os visitantes poderán coñecer de primeira man a riqueza natural, patrimonial e cultural do noso municipio, así como as múltiples opcións para desfrutar da súa contorna. Touro continúa apostando pola promoción do territorio e pola posta en valor dos nosos recursos turísticos.