Flora

O concello de Touro pode presumir de contar con auténticos monumentos naturais como son o Sobreiral do Ulla (alcornocal) ou a frondosidade das súas Carballeiras (robledal). Pero o coidado dos seus bosques autóctonos ha tido que contemporizar con reforestacións doutras especies como o piñeiro e o eucalipto, o que destaca aínda máis a beleza de soutos e fragas, sen esquecernos da riqueza das súas diferentes formacións de matogueira.

Así, a maior parte do termo municipal está ocupada por montes, prados e terras de cultivo, ademais da estrutura vexetal típica das ribeiras dos ríos.

Destacar que parte do seu territorio goza da protección da Rede Natura, o maior recurso para a conservación da natureza na Unión Europea, para a protección da súa biodiversidade.

 

Para máis información www.touroturismo.com e no Centro de Interpretación Río Ulla

Hacía Ulla. L.M. Alonso