Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.
San Xoán de Touro é unha parroquia pertencente ó concello de Touro. Situada aproximadamente no centro do Concello, alberga a capital do concello, Fonte Díaz.
Limita ó norte ca parroquia de Cebreiro (San Xiao) do concello de O Pino, ó oeste con Loxo (Santa María), ó suroeste con Ribeira (San Pedro), ó sur con Fao (Santa Uxía), ó sueste con Andeade (Santiago) e ó leste con Quión (San Fiz).
Ademais de Fonte Díaz tamén pertencen a esta parroquia as aldeas de Bentín, A Santaia, O Barral, Mourelos Ermo (chamado Mourelos de Abaixo pola xente), Mourelos Poboado (o nome popular é Mourelos de Arriba) e A Cruz de Méndez.
A parroquia é atravesada de oeste a leste, ou de leste a oeste segundo se mire, pola estrada comarcal AC-240, a cal tamén pasa por cinco das outras seis aldeas da parroquia. Esta estrada cruza o concello de Touro de suroeste a nordeste.
Nesta parroquia están situados edificios coma a casa do concello, o Colexio Público Integrado "Fonte Díaz", a piscina municipal, o cuartel da Garda Civil, a Área Recreativa da Santaia, unha residencia da terceira idade, e outros edificios de interese. Ademais no norte da parroquia aséntase parte dunha escombreira dunha antiga mina de cobre.
A Igrexa parroquial está situada na aldea de O Barral, ainda que hai outra construida na aldea de Fonte Díaz máis recentemente e que se usa con moita máis frecuencia.
RECURSOS NATURAIS:
FLUVIAIS:
Entorno Fluvial de A Santaia.
BOSCOSOS:
Carballeira de A Santaia.
ÁREAS RECREATIVAS:
Área Recreativa de A Santaia.
RECURSOS CULTURAIS:
ARQUITECTURA RELIXIOSA:
Igrexa de San Xoán de Touro.
Igrexa Nova
Casa Rectoral de San Xoán.
ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR:
Muíño de A Santaia.
Lavadoiro de Bentín.