Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.
San Fiz de Quión é unha parroquia que se localiza ao norte do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 296 habitantes distribuidos en 12 entidades de poboación: Abelenda, Lago, Laña de Abaixo, Laña de Arrba, Loureiros, Muíña, A Quintá, Rozas, Sabuceda, San Fiz, Toxa e Valladolid.
- PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO: Castros de San Fiz, de Lañas e dá Roda de Quintá. Túmulos da Toxa e Abelenda.
- ARQUITECTURA RELIXIOSA: Igrexa parroquial de San Fiz, Casa Reitoral e Cruceiro.
- ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Casa Míguez. Muíños dá Muíña, de Rozas, de Castelo, de Barral, laña de Abaixo, Souto, Fondieira e Lago. Fontes de Laña, A Muíña e Valladolid. Lavadoiros de Martís, Muíña e Laña. Hórreo de - Lago e Ribas.
- RECURSOS NATURAIS: Fervenza dos Peres e a Carballeira de Ribas.