Pulse sobre a Parroquia para obter máis información.
Santa Mariña de Circes é unha parroquia que se localiza ao leste do concello de Touro. Segundo o padrón municipal de 2019 tiña 103 habitantes distribuídos en 2 entidades de poboación: Os Chaos e Quintás.
- ARQUITECTURA RELIXIOSA: Igrexa parroquial de Santa Mariña e Cruceiro, nos Chaos.
- ARQUITECTURA CIVIL E POPULAR: Muíños dos Pombos, de Abaixo, de Arriba, do Medio. Fonte de Chaos e de Quintás. Pombal nos Chaos.
- RECURSOS NATURAIS: Paseo Fluvial Os Pombos e o lugar de Barca. A Carballeira dá Barca, a contorna do Ulla, as Corticeiras de Quintás e a Área Recreativa A Piollosa.