DESTACADO

Debido ós graves problemas que houbo no abastecemento municipal de auga o pasado verán, o goberno municipal está elaborando os proxectos necesarios para mellorar a captación de auga no río Lañas e renovar totalmente a estación de tratamento da auga potable (ETAP). Proxectos que consistirán: nunha primeira fase, na mellora do bombeo e tubería de impulsión, e nunha segunda fase, na renovación da ETAP.

O proxecto de mellora do bombeo e tubería de impulsión, cun orzamento de 631.256,46 euros, financiarase con fondos propios do Concello, para o que se aprobou definitivamente polo Pleno o pasado día 23 de decembro o expediente de modificación de créditos, o que permitirá facer as obras antes da próxima tempada de seca.

Para a renovación da ETAP, cun orzamento estimado de 700.000 euros, o goberno municipal conta co compromiso firme da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para asumir a súa financiación e execución, previa aprobación do proxecto e subscrición do correspondente convenio co concello.

Aprobada xa polo Pleno a financiación da mellora do bombeo e tubería de impulsión, estase tramitando a aprobación do proxecto chamado “Proxecto de mellora do bombeo da captación da ETAP de Touro (1ª Fase)”, que hoxe publicamos para coñecemento xeral das veciñas e veciños de Touro.

 

 

Adjuntos:
Descargar este archivo (PROXECTO_MELLORA-BOMBEO-ETAP_05_.pdf)PROXECTO MELLORA BOMBEO ETAP[ ]8356 kB