XII Carreira Pedestre

ABERTA A INSCRICIÓN PARA A XII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DO CONCELLO DE TOURO!
📅 A cita será o domingo 27 de setembro
⏰ A partir das 10:30 horas
📍 Saída e chegada na rúa Pucho Boedo
👧🧒 Categorías escolares: inscrición gratuíta
🏃🏃🏽‍♀️ Proba absoluta: 7 € por participante
📏 A proba absoluta terá un novo circuíto dunha soa volta duns 10 quilómetros.
⚠️ O prazo para anotarse remata o xoves 24 de setembro ás 23:59 horas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio día da carreira.
👉 Consulta no cartel todas as categorías, horarios, distancias e información sobre os trofeos.