AXUDAS DE CARÁCTER ECONÓMICO DESTINADAS AO GASTO DE MATERIAL E EQUIPAMENTO PARA O CURSO ACADÉMCIO 2026-2027

O Concello de Touro informa das axudas de carácter económico destinadas ao gasto de material e equipamento para o curso académico 2026-2027 dirixidas ás familias vulnerables.

As axudas poden cubrir gastos como material escolar, mochilas, libros de lectura, calculadoras, roupa de abrigo e calzado, entre outros.

Concederase por orde de puntacuón e ata o esgotamento da partida orzamentaria prevista: 30 axudas de ata 120 € para alumnado de Educación Infantil e ensino obrigatorio. 20 axudas de ata 300 € para alumnado de ensino non obrigatorio.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), anuncio que se publicou o voxes 3 de setembro.

A solicitude, acompañada da documentación complementaria especificada, presentarase a través da sede electrónica ou no rexistro de entrada do Concello de Touro. Toda a información no anunción do BOP: