MODELO E APOIO MUNICIPAL PARA ACREDITAR A CONDICIÓN DE PERSOA INTERESADA NO PROCESO DA MINA DE TOURO

O Concello de Touro, a través da Concellería de Medio Ambiente que lidera o edil Darío Rey, informa á veciñanza de que xa está dispoñible un modelo oficial para acreditar a condición de persoa interesada no procedemento administrativo de autorización do PIE Cobre San Rafael, así como en todos os procedementos conexos, incluído o outorgamento de dereitos mineiros.

Nos últimos días, a Consellería de Economía e Industria está a requirir expresamente que as persoas afectadas soliciten o recoñecemento formal desta condición, polo que resulta fundamental realizar este trámite canto antes.
 
Apoio desde o Concello
A veciñanza contará coa axuda de persoal municipal para cubrir e rexistrar correctamente a solicitude.
 
Documentación necesaria para acudir ao Concello:
DNI da persoa interesada.
No caso de persoas propietarias de terreos ou inmobles no concello, deberán achegar tamén copia das escrituras ou calquera outro documento que acredite a propiedade.
 
Se queres facer o trámite de xeito telemático xa podes descargar os modelos nos documentos anexos