AXUDAS A FAMILIAS VULNERABLES PARA GASTOS DE ELECTRICIDADE
O Concello de Touro destina 30.000 euros do Plan Social da Deputación para axudar nos pagos de electricidade a familias vulnerables.
Requisitos económicos dos fogares beneficiarios (que cumpran algún destes requisitos):
- Pensionistas que perciban a contía mínima vixente.
- Os beneficiarios do ingreso mínimo vital.
- Os beneficiarios da RISGA.
- Persoas en risco de exclusión social que carezan de medios económicos suficientes.
- Fogares con ingreso máximo anual de:
- 1 membro adulto: menos de 16.212 euros
- 2 membros adultos: menos de 20.265 euros
- 3 membros adultos: menos de 24.318 euros
(por cada membro menor de idade increméntase o ingreso en 6.079 euros)
Contía da axuda:
Ata 150 euros por beneficiaria.
Prazo de solicitude:
Desde o 15 ata o 30 de novembro.
MÁIS INFORMACIÓN no departamento de SERVIZOS SOCIAIS do Concello de Touro
tel. 981504029