Touro. 9 de febreiro de 2016. O novo escenario político nacional centrou este ano a batalla dialéctica dos ‘xenerais da Ulla’ de Fao na súa tradicional ‘Antroidada’ do martes de entroido. “En los últimos comicios / el pueblo ha decidido / que gobernar ya no sea / exclusiva de un partido / se llena bien los bolsillos”, dixo un ‘xeneral’ no campo da festa de Fao, onde a partir das 17.00 horas concentráronse os xinetes, que luciron os seus vistosos e coloridos traxes napoleónicos. A choiva non impediu a presencia de veciños e forasteiros que, baixo una gran carpa, encheron o campo da festa. “El voto del ciudadano / mucho ha cambiado el guión / en esta legislatura / el rodilo se acabó”, dixo gritando outro dos ‘xenerais’ dendo o centro do campo da festa, onde se concentraron sete xinetes. “Han de tener más en cuenta / al que está en la oposición / pues representa a una enorme / parte de la población”, contestoulle outro ‘xeneral’.
A ‘Antroidada’ comenzou pasadas as 17.00 horas. A esa hora o campo da festa de Fao, pese á choiva, comenzou a recibir á xente. Moitos veciños acudiron disfrazados. Todos os que asistiron hoxe poideron desfrutar dunha alegre, divertida e chuviosa ‘Antroidada’. Abriron o festexo os integrantes da ‘Rumba da Susita’, dende o palco do campo da festa. A continuación comenzou o debate dialéctico dos ‘xenerais da Ulla’. Os xinetes situáronse nun recinto pechado en círculo ubicado no centro do campo da festa e baixo unha carpa. E alí, tras darlles o alto o centinela, comenou a confrontación verbal. E saíron a relucir as cuestión políticas e o novo panorama que se abre tras as eleccións xerais de decembro pasado. Os ‘xenerais da Ulla’ replicaron e contrarreplicaron ante os vecinos durante unha media hora. Non faltaron, posteriormente, 'os consellos dos frades', que predicaron en verso anécdotas sucedidas na parroquia de Fao e nos arredores. O espectáculo rematou co 'Enterro do Antroido', que deu por pechado ata o próximo ano o entroido no Concello de Touro.