PROGRAMACIÓN ESPECIAL EN TOURO CO MOTIVO DO ECLIPSE SOLAR DE AGOSTO
O Concello de Touro prepara unha programación especial arredor do Eclipse Solar do 12 de agosto de 2026, convertendo o Miradoiro do Couto de San Sebastián nun punto de encontro para a divulgación astronómica, a música e a observación do ceo.
As actividades inclúen xornadas de iniciación á observación astronómica, explicacións sobre constelacións e orientación polas estrelas, así como unha gran xornada de observación do eclipse con reparto de gafas solares e amenización musical a cargo de Andhrea & The Black Cats.
Unha proposta pensada para todos os públicos, que une ciencia, natureza e cultura nun entorno privilexiado.
As actividades serán o 14 de xuño, o 11 de xullo e o propio día do eclipse, o 12 de agosto. HAI PRAZAS LIMITADAS, POLO QUE É NECESARIO RESERVAR PREVIAMENTE
O lugar das actividades poderase acceder en coche polo que é accesible para persoas con mobilidade reducida, pero é importante que estas persoas o indiquen no momento de reservar praz. Adxuntamos os 4 carteis da programación.