CURSO DE OBTENCIÓN DO CARNÉ PARA USO PROFESIONAL DE FITOSANITARIOS NIVEL BÁSICO EN TOURO
O Sindicato Labrego Galego impartirá un ano máis en Touro un curso de obtención do carné para uso profesional de fitosanitarios nivel básico
Será os sábados das 9:00 ás 14:00h. dende o 30 de maio ao 27 de xuño na Casa da Cultura de Touro e o exame terá lugar o 29 de xuño en Sergude. O prazo de inscrición será do 5 de maio, ata o 15 deste mesmo mes. Adxuntamos cartel con toda a información.