O Concello de Touro convida á veciñanza e visitantes a participar o sábado 22 de novembro de 2025 na actividade “Touro oculto: un patrimonio por descubrir”, unha xornada única dedicada a poñer en valor o rico e, en moitos casos, descoñecido patrimonio do municipio.
Durante a mañá, entre as 9:15 e as 14:00 horas, un autobús do Concello levará ás persoas participantes por un itinerario que percorrerá diferentes localizacións de interese histórico, arquitectónico e cultural, algunhas delas non accesibles ao público fóra desta xornada especial.
Entre as paradas previstas inclúense pazos, construcións tradicionais e enclaves rurais de grande valor patrimonial, así como a visita excepcional ao pazo que serviu de escenario á serie de Netflix do momento “Animal”.
A actividade é totalmente gratuíta, mais require inscrición previa ata o 19 de novembro. As prazas son limitadas e cubriranse por orde de solicitude. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou mediante o código QR dispoñible no cartel informativo ou a través do seguinte enlace:
O punto de encontro será a Casa do Concello de Touro, desde onde partirá o bus ás 9:15 horas.
Con esta proposta, o Concello de Touro continúa a súa aposta pola valorización do patrimonio local e o turismo sostible, ofrecendo unha oportunidade única para descubrir os tesouros ocultos que agroman en cada recuncho do municipio.