Slideshow CK

This is a bridge
This bridge is very long
On the road again
This slideshow uses a JQuery script adapted from Pixedelic

PISCINA MUNICIPAL


A piscina municipal de Touro localízase na rúa Castelao.
Desta edificación diferénciase a zona de vestiarios, divididos en dous, para homes e mulleres, e unha zona de cafetería e bar.
A instalación está acondicionada con duchas para antes do baño, zonas de desaugue para non esvarar, e conta cós servicios dun monitor e vixilante. Tamén dispón de outros elementos que favorecen ó disfrute destas instalacións, como son as táboas para os nenos, e a zona axardinada para poder tomar o sol.

PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL


O pavillón polideportivo municipal sitúase na parroquia de Touro en Fonte Díaz.
Conta con varias pistas para practicar diferentes deportes:

- Conta con pista adicada á práctica do fútbol sala.
- Conta con dúas canchas para a práctica do baloncesto.
- Conta cunha pista para bádminton.
- Conta cunha pista para voleibol.

PISTAS POLIDEPORTIVAS


Existe unha pista polideportiva en cada parroquia. Estas son pistas acondicionadas onde se sitúan campos de fútbol sala e baloncesto.

CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL


O campo de fútbol municipal sitúase na parroquia de Loxo, e a el accédese facilmente dende Touro a través da AC-240, que percorre o concello de Leste a Oeste, e que leva directamente á parroquia de Loxo.
As instalacións do campo de fútbol están completamente cerradas en todo o seu perímetro. Estas contan con céspede artificial e servicios anexos que permiten unha utilización intensiva do recurso. O campo tamén dispón dun graderío cuberto que pode ser ocupado por unhas 300 persoas aproximadamente, situado nunha das marxes do campo de fútbol.

CANCHAS DE TENIS MUNICIPAIS


As canchas ou pistas de Tenis, localízanse na parroquia de Touro, xusto ó lado da piscina municipal.Están compostas por dúas pistas onde se pode realizar a práctica do tenis, vestiarios, para poder mudarse tralos partidos ou entrenamentos, e todo o equipamento necesario para practicar este tipo de deporte.

XIMNASIO MUNICIPAL


O ximnasio municipal sitúase na parroquia de Touro, na aldea de Fonte Díaz. Encóntrase emprazado no pavillón polideportivo
Este ten unha gran capacidade e conta con material especializado para dezasete tipos de actividades que se poden realizar no mesmo.