Juan Pablo Fernández Rodrígues, do Clube Atletismo Santiago, gaña a IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro na que participaron máis de 200 corredores

Fonte Díaz. 17 de decembro de 2016. Juan Pablo Fernández Rodrigues, natural de Teo e do Club Atletismo Santiago, fíxose esta tarde coa IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro, dun percorrido de dez kilómetros. Foi o campión masculino na categoría absoluta. O segundo posto ocupouno Alberto Rodríguez Pérez; do Club Atletismo Sar de Padrón; e o terceiro: José Manuel Penas Varela, do Club Cerne da Coruña. Na categoría femenina a primeira corredora en chegar a meta foi María José Grobas Graboa, do Club Atletismo Boimorto. O podio foi completado por María Dolores Munín García (2ª), natural de Sigüeiro e independente; e por Pilar Gómez Otero (3ª), de Teo e do Clube Tartarugas.

Máis de 200 corredores participaron hoxe na IV Carreira Pedestre Popular Concello de Touro. A capital do Concello de Touro nun solleiro día acolleu a afeccionados ao running de toda a comarca de Santiago. A proba comenzou puntual. Ás 16.50 horas os organizadores deron a saída oficial. O sol brillou durante todo o percorrido. Foi unha tarde para disfrutar do deporte. Foi unha tarde para disfrutar do deporte. A proba na categoría absoluta constaba de dez kilómetros e discurriu por diferentes puntos do Concello de Touro, fundamentalmente no núcleo urbano de Fonte Díaz. Moitos afeccionados animaron a los participantes.

Trala proba absoluta sucedéronse as carreiras das demáis categorías. A organización, que ofreceu unha camiseta a todos os participantes, entregou os trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. También tiveron premio os tres primeiros corredores locais da categoría absoluta. A entrega de premios, que estivo a cargo do alcalde da localidade, Ignacio Codesido, e da concelleira de Deportes, Adela Iglesias, foi xa na noitiña, a eso das 19.00 horas, fronte á sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz. Na organización da carreira, ademáis do Concello de Touro, participaron a Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña e a imprenta Ayude de Arzúa. O alcalde de Touro agradeceu a todos os atletas a participación nesta proba que xa se consolida como unha cita clásica nas probas pedestres da comarca de Santiago.